Instrucións: axuda do
dispositivo
O dispositivo dispón de instrucións para axudalo no
seu uso.
Cando unha aplicación se atopa aberta, seleccione
Opcións
>
Axuda
para acceder á axuda
correspondente á vista actual. Para abrir a axuda
dende o menú principal, seleccione
Ferramentas
>
Utilidades
>
Axuda
e a aplicación que desexe.
Pode atopar ligazóns a temas relacionados ó final do
texto de axuda. Para que sexan máis doadas de ler,
pode cambiar o tamaño do texto das instrucións. Se fai
clic nunha palabra subliñada, amosarase unha breve
explicación. A axuda utiliza os seguintes indicadores:
amosa unha ligazón a un tema de axuda
relacionado. amosa unha ligazón a unha aplicación
sobre a que se está a discutir. Cando lea as instrucións,
manteña premido
ou seleccione a ligazón da
aplicación ( ) para cambiar entre a axuda e a
aplicación aberta en segundo plano.
Suxestión: Para colocar a axuda no menú
principal, seleccione
Ferramentas
>
Utilidades
, marque
Axuda
e seleccione
Opcións
>
Mover á carpeta
, e o menú
principal.