Restrición de chamadas
Prema
e seleccione
Ferramentas
>
Axustes
>
Teléfono
>
Restricións
.
A restrición de chamadas (servizo de rede) permite
restrinxir as chamadas que realice ou reciba co
dispositivo. Por exemplo, pode restrinxir tódalas
chamadas internacionais saíntes ou entrantes cando
se atopa no estranxeiro. Para cambiar os axustes,
necesita obter o contrasinal de restrición do seu
fornecedor de servizos.
O desvío e restrición de chamadas non poden estar
activos ó mesmo tempo.
Cando as chamadas están restrinxidas, pode que sexa
posible efectuar chamadas a determinados números
de emerxencia oficiais.
Restrición de chamadas de voz
Seleccione a opción de restrición desexada e actívea
(
Activar
) ou desactívea (
Desactivar
), ou comprobe se
a opción está activa (
Comprobar estado
). A restrición
de chamadas afecta a tódalas chamadas, incluídas as
chamadas de datos.
Restrición de chamadas da Internet
Para seleccionar se desexa permitir chamadas
anónimas dende a Internet, active ou desactive
Restrición de chamadas anónimas
.