Xestión de certificados
Prema
e seleccione
Ferramentas
>
Axustes
>
Xeral
>
Seguridade
>
Xestión de certificados
.
Os certificados dixitais non garanten a seguridade;
utilízanse para verificar a orixe do software.
Na vista principal da xestión dos certificados, pode ver
unha lista dos certificados de autoridade almacenados
no seu dispositivo. Desprácese á dereita para ver unha
lista de certificados persoais, se están dispoñibles.
Os certificados dixitais deben utilizarse para
conectarse a bancos en liña ou outros sitios ou
servidores remotos para realizar accións que implican
a transferencia de información confidencial. Tamén
deben empregarse para reducir o risco de ser infectado
por virus ou demais software malintencionado e
asegurarse da autenticidade dun software cando o
descargue e instale.
Importante: Aínda que o uso de certificados
reduce considerablemente os riscos relacionados coas
conexións remotas e as instalacións de software,
cómpre utilizalos correctamente para beneficiarse do
aumento da seguridade. A existencia dun certificado
non ofrece protección por si mesmo. O administrador
do certificado debe dispoñer de certificados correctos,
auténticos ou fiables para poder aumentar a
seguridade. Os certificados teñen data de caducidade.
Se se amosa "Certificado caducado" ou "O certificado
non é válido", incluso no caso de que o certificado
debera ser válido, comprobe que a hora e a data do
dispositivo son correctas.
Ver detalles dos certificados: comprobación da
súa autenticidade
Só se pode estar seguro da correcta identidade dun
servidor se se comproba a sinatura e o período de
validez dun certificado de servidor.
Se a identidade do servidor non é auténtica ou se non
dispón do certificado de seguridade correcto no seu
dispositivo, recibirá unha notificación.
Para comprobar os detalles do certificado, desprácese
ata un certificado e seleccione
Opcións
>
Detalles do
certificado
. Compróbase a validez do certificado e é
posible que se visualice unha das seguintes notas:
●
Certificado non fiable
— Non axustou ningunha
aplicación para usar o certificado.
172
Axust
es
●
Certificado caducado
— O período de validez do
certificado finalizou.
●
Certificado aínda non válido
— O período de
validez do certificado aínda non comezou.
●
Certificado corrupto
— O certificado non se pode
usar. Póñase en contacto co emisor do certificado.
Cambie os axustes de fiabilidade
Antes de modificar os axustes dos certificados, cómpre
asegurarse de que o propietario do certificado é
realmente fiable e que pertence realmente ó
propietario facilitado.
Desprácese a un certificado de autoridade e seleccione
Opcións
>
Axustes fiabilidade
. Dependendo do
certificado, amósase unha lista das aplicacións que
poden usar o certificado seleccionado. Por exemplo:
●
Instalación Symbian
:
Si
— O certificado é quen de
certificar a orixe dunha nova aplicación do sistema
operativo Symbian.
●
Internet
:
Si
— O certificado é quen de certificar
servidores.
●
Instalación aplics.
:
Si
— O certificado é quen de
certificar a orixe dunha aplicación Java™ nova.
Seleccione
Opcións
>
Edit. axustes fiabilidade
para
cambiar o valor.