Axustes de cor e iluminación
Na barra de ferramentas activa, seleccione unha das
seguintes opcións:
●
Modo flash
( ) (só imaxes) — Permite seleccionar
o modo de flash que desexa.
●
Ton de cor
( ) — Permite seleccionar un efecto de
cor.
●
Acender a luz de vídeo
ou
Apagar a luz de vídeo
— Permite activar ou desactivar a luz do vídeo
(só modo de vídeo).
●
Balance de brancos
( ) — Permite seleccionar as
condicións de iluminación actuais. Isto permite que
a cámara reproduza as cores de xeito máis exacto.
●
Compensación de exposición
( ) (só
imaxes) — Se está a enfocar un motivo escuro en
contraste cun fondo moi luminoso, como a neve,
axuste a exposición en +1 ou +2 para compensar o
brillo do fondo. Cos motivos con brillantes situados
contra un fondo escuro, utilice os axustes -1 ou -2.
●
Nitidez
( ) (só imaxes) — Permite axustar a
nitidez da imaxe.
●
Contraste
( ) (só imaxes) — Permite axustar a
diferenza entre as zonas máis claras e as máis
escuras da imaxe.
●
Sensibilidade á luz
( ) (só imaxes) — Aumente a
sensibilidade da luz en condicións de iluminación
baixas para evitar obter imaxes demasiado escuras.
A visualización da pantalla cambia segundo os axustes
que faga.
Os axustes dispoñibles varían dependendo da cámara
seleccionada.
Os axustes de configuración son específicos do modo
de captura. O cambio dun modo a outro non restablece
os axustes definidos.
Os axustes de configuración volven ós seus valores
predeterminados cando pecha a cámara.
Se selecciona unha nova escena, os axustes de cor e de
luz substituiranse polos da escena seleccionada. Pode
cambiar os axustes de configuración, se é preciso,
despois de seleccionar unha escena.