Captura de imaxes
Cando realice a captura dunha imaxe, teña en conta o
seguinte:
●
Utilice as dúas mans para evitar que a cámara se
mova.
●
A calidade das imaxes sobre as que se aplicou o
zoom dixital é inferior á das imaxes sobre as que non
se aplicou.
●
A cámara pasa ó modo de aforro de enerxía se non
se preme ningunha tecla durante uns intres. Para
83
Cá
mara
continuar coa captura de imaxes, prema a tecla
Capturar.
Para capturar unha imaxe, leve a cabo as seguintes
accións:
1.
Se a cámara está en modo vídeo, seleccione o modo
imaxe na barra de ferramentas activa.
2.
Para fixar o enfoque nun obxecto, prema ata a
metade a tecla Capturar (só na cámara principal,
non dispoñible en escenas de paisaxe ou de
deporte.
Vexa "Barra de ferramentas
activa", p. 82.
). Amosarase un indicador verde de
enfoque fixado na pantalla. Se o enfoque non se
fixou, amosarase un indicador vermello. Solte a
tecla Capturar e prémaa de novo ata a metade.
Ademais, pode capturar unha imaxe sen fixar o
enfoque.
3.
Para capturar unha
imaxe, prema a tecla
Capturar. Non mova o
dispositivo ata que a
imaxe se garde e apareza
a imaxe final na pantalla.
Para ampliar ou reducir as
imaxes cando as captura,
utilice a tecla de zoom do
dispositivo.
Para activar a cámara frontal, seleccione
Opcións
>
Usar cámara secundaria
. Para capturar unha imaxe,
prema a tecla de desprazamento. Para ampliar ou
reducir unha imaxe, desprácese cara arriba ou abaixo.
Para deixar a cámara aberta en segundo plano e
utilizar outras aplicacións, prema
. Para volver á
cámara, manteña premida a tecla Capturar.