Consellos para obter boas
fotografías
Calidade da imaxe
Utilice a calidade de imaxe axeitada. A cámara presenta
varios modos de calidade de imaxe. Utilice o axuste
máis elevado para asegurarse de que a cámara fornece
a mellor calidade de imaxe dispoñible. Non obstante,
cómpre ter en conta que unha mellor calidade de imaxe
require máis espazo de almacenaxe. Para as mensaxes
multimedia (MMS) e os ficheiros adxuntos de correo
electrónico, é posible que sexa necesario utilizar o
modo de calidade de imaxe máis baixo optimizado
para o envío de MMS. Pode definir a calidade nos
axustes da cámara.
Vexa "Axustes da cámara de imaxes
fixas", p. 90.
Fondo
Utilice un fondo simple. Para retratos e outras imaxes
con xente, evite que o motivo da foto se atope diante
dun fondo complexo e abarrotado que poida distraer
a atención do motivo. Mova a cámara ou o suxeito
cando non se poidan reunir estas condicións. Achegue
a cámara ó obxectivo para obter retratos máis nítidos.
Profundidade
Cando capture paisaxes, engada profundidade ás
imaxes colocando obxectos en primeiro plano. Se o
obxecto situado no primeiro plano se atopa demasiado
preto da cámara, é posible que apareza borroso.
87
Cá
mara
Condicións de iluminación
O cambio da orixe, a cantidade e a dirección da luz pode
modificar drasticamente as fotografías. De seguido
indícanse algunhas condicións de iluminación típicas:
●
Fonte de luz situada detrás do motivo. Evite colocar
o motivo diante dunha fonte de luz potente. Se a
fonte de luz se atopa detrás do suxeito ou está
visible na pantalla, é posible que a imaxe resultante
presente un contraste feble, quizais demasiado
escuro, e pode conter efectos de luz non desexados.
●
Motivo iluminado desde un lateral. Unha potente
iluminación lateral causa un efecto espectacular,
aínda que quizais demasiado drástico, resultando
nun contraste demasiado forte.
●
Fonte de luz situada diante do motivo. A luz solar
potente pode provocar que os modelos pechen os
ollos. Tamén é posible que o contraste sexa
demasiado alto.
●
A iluminación óptima atópase en situacións onde
existe unha luz suave e difusa, por exemplo, nun día
soleado coa presenza dalgunha nube ou nun día
soleado á sombra das árbores.