Nokia N85 - Verbo da cámara

background image

Verbo da cámara

O seu Nokia N85 ten dúas cámaras. A cámara principal

de alta resolución atópase na parte posterior do

teléfono. A secundaria, cunha resolución máis baixa,

atópase na parte dianteira. Pode utilizar ámbalas dúas

cámaras para capturar imaxes e gravar vídeos.
O dispositivo admite unha resolución de captura de

imaxes de 2592 x 1944 píxeles (5 megapíxeles). A

resolución de imaxe amosada nesta guía pode ter un

aspecto diferente.
As imaxes e videoclips gárdanse en Fotos.
As imaxes producidas atópanse en formato JPEG. Os

videoclips grávanse no formato de ficheiro MPEG-4 coa

extensión .mp4 ou en formato 3GPP coa extensión .3gp

(calidade correspondente á función de compartir

vídeos).
Para liberar memoria e gardar imaxes e videoclips

novos, transfira ficheiros a un ordenador compatible,

por exemplo, mediante un cable de datos USB

compatible, e elimine os ficheiros do dispositivo. O

dispositivo avísalle cando a memoria está chea. Entón

pode liberar memoria na almacenaxe actual ou

cambiar a memoria que desexa utilizar.

É posible enviar imaxes e videoclips en mensaxes

multimedia, como ficheiros adxuntos de correo

electrónico ou mediante outros métodos de conexión,

como a conectividade Bluetooth ou unha conexión LAN

sen fíos. Tamén pode cargalos a un álbum en liña

compatible.