
Radio FM
Pode usar a radio como unha radio FM tradicional e
sintonizar e gardar emisoras automaticamente.Se
sintoniza emisoras que ofrecen o servizo Visual Radio
(servizo de rede), verá a información relacionada co
programa de radio na pantalla.
A radio admite a funcionalidade do Sistema de Datos
de Radio (RDS). As emisoras de radio que admiten RDS
poden amosar información, como o nome da emisora.
Se se activou nos axustes, a función RDS tamén trata
de buscar unha frecuencia alternativa á emisora que se
está a escoitar actualmente, se a recepción é feble.
Cando abra a radio por primeira vez, un asistente
axudaralle a gardar emisoras de radio locais (servizo
de rede).
Se non pode acceder ó servizo Visual Radio, é posible
que os operadores e as emisoras de radio da súa área
non admitan a función Visual Radio.