Transferir música ó dispositivo
É posible transferir música dende un ordenador
compatible ou outros dispositivos compatibles
mediante un cable de datos USB compatible ou a
conectividade Bluetooth.
Requisitos de ordenador para a transferencia de
música:
●
Sistema operativo Microsoft Windows XP (ou
superior)
●
Unha versión compatible da aplicación Windows
Media Player. É posible obter máis información
sobre a compatibilidade de Windows Media Player
nas páxinas do produto do seu dispositivo no sitio
web de Nokia.
●
Nokia Nseries PC Suite 2,1 ou posterior
Windows Media Player 10 pode provocar retrasos na
reprodución dos ficheiros protexidos mediante a
tecnoloxía WMDRM unha vez transferidos ó seu
dispositivo. Consulte o sitio web de asistencia técnica
de Microsoft para obter unha actualización de
Windows Media Player 10 ou obter unha versión
compatible máis nova de Windows Media Player.