Transferencias con Windows Media Player
As funcións de sincronización de música poden variar
entre as diferentes versións da aplicación Windows
Media Player. Para obter máis información, consulte as
guías e a axuda correspondentes de Windows Media
Player. As seguintes instrucións aplícanse a Windows
Media Player 11.
Sincronización manual
Coa sincronización manual, pode seleccionar as
cancións e as listas de reprodución que desexa mover,
copiar ou eliminar.
69
Carta
fol de
música
1.
Unha vez conectado o dispositivo con Windows
Media Player, seleccione o seu dispositivo no panel
de navegación situado á dereita (no caso de existir
máis dun dispositivo conectado).
2.
No panel de navegación situado á esquerda, busque
os ficheiros de música do ordenador que desexa
sincronizar.
3.
Arrastre e solte as cancións na Lista de
sincronización situada á dereita.
Pode ver a cantidade de memoria dispoñible no
dispositivo enriba da Lista de sincronización.
4.
Para eliminar cancións ou álbums, seleccione un
elemento na Lista de sincronización, faga clic co
botón dereito do rato e seleccione Eliminar da
lista.
5.
Para iniciar a sincronización, faga clic en Iniciar
sincronización.
Sincronización automática
1.
Para activar a función de sincronización automática
no Windows Media Player, faga clic na ficha Sync,
seleccione Teléfono Nokia > Configurar
sincronización... e marque a caixa de verificación
Sincronizar este dispositivo automaticamente.
2.
Seleccione as listas de reprodución que desexa
sincronizar automaticamente no panel Listas de
reprodución dispoñibles e faga clic en Engadir.
Os elementos seleccionados transfírense ó panel
Listas de reprodución para sincronizar.
3.
Para finalizar a configuración da sincronización
automática, faga clic en Finalizar.
Cando a caixa de verificación Sincronizar este
dispositivo automaticamente está marcada e
vostede conecta o dispositivo co ordenador, a
biblioteca de música do dispositivo actualízase
automaticamente a partir das listas de reprodución
que selecciona para a sincronización en Windows
Media Player. Se non se seleccionaron listas de
reprodución, selecciónase para a sincronización toda a
biblioteca de música do ordenador. Se non dispón de
memoria libre suficiente no dispositivo, Windows
Media Player selecciona automaticamente a
sincronización manual.
Para deter a sincronización automática, faga clic na
ficha Sincronizar e seleccione Deter sincronización
con "Teléfono Nokia".