Nokia N85 - Centro de vídeo Nokia

background image

Centro de vídeo Nokia

Co Centro de vídeo Nokia (servizo de rede), pode

descargar e transmitir por secuencias videoclips

mediante unha conexión polo aire dende servizos de

vídeo da Internet compatibles utilizando paquetes de

datos ou a WLAN. Tamén pode transferir videoclips

dende un ordenador compatible ó seu dispositivo e

visualizalos no Centro de vídeo.
A utilización de puntos de acceso ós paquetes de datos

para descargar vídeos pode implicar a transmisión de

grandes cantidades de datos a través da rede do seu

fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu

fornecedor de servizos para obter información acerca

das tarifas de transmisión de datos.
É posible que o seu dispositivo dispoña de servizos

predefinidos.
É posible que os fornecedores de servizos

proporcionen contido de xeito gratuíto ou que cobren

unha tarifa. Consulte o prezo no servizo ou ó

fornecedor de servizos.