Vinculación de dispositivos
Para vincular dispositivos compatibles e ver os
dispositivos vinculados, desprácese á dereita na vista
principal da conectividade Bluetooth.
Antes da vinculación, cree o seu propio código (de 1 a
16 díxitos) e acorde co propietario do outro dispositivo
utilizar o mesmo código. Os dispositivos que non
presentan unha interface de usuario posúen un código
axustado de fábrica. O código utilízase só unha vez.
1.
Para vincular un dispositivo, seleccione
Opcións
>
Novo disposit. vinculado
. Amosaranse os
dispositivos que se atopan dentro do seu alcance.
2.
Seleccione o dispositivo e insira o código. Cómpre
inserir o mesmo código tamén no outro dispositivo.
3.
Algúns accesorios de audio conectan
automaticamente co seu dispositivo despois da
vinculación. De non ser así, desprácese ata o
accesorio e seleccione
Opcións
>
Conec. con
dispos. audio
Os dispositivos vinculados indícanse mediante o
símbolo na busca de dispositivos.
45
Con
exió
ns
Para axustar un dispositivo como autorizado ou non
autorizado, desprácese ata o dispositivo e seleccione
unha das seguintes opcións:
●
Fixar como autorizado
— As conexións entre o seu
dispositivo e o dispositivo autorizado pódense
realizar sen o seu coñecemento. Non se precisa
ningún tipo de consentimento ou autorización
individual. Utilice este estado para os seus propios
dispositivos, como os auriculares compatibles,
ordenadores ou dispositivos que pertenzan a unha
persoa de confianza. indica os dispositivos que se
atopan autorizados na vista de dispositivos
vinculados.
●
Fixar non autorizado
— Con esta opción, cómpre
que as solicitudes de conexión deste dispositivo se
acepten por separado de cada vez.
Para cancelar unha vinculación, desprácese ata o
dispositivo e seleccione
Opcións
>
Borrar
.
Se desexa cancelar tódalas vinculacións, seleccione
Opcións
>
Borrar todos
.