Conexións WLAN
Para utilizar unha conexión LAN sen fíos (WLAN),
cómpre crear un punto de acceso á Internet (IAP) para
a WLAN. Utilice o punto de acceso para as aplicacións
que necesitan conectarse á Internet.
As conexións WLAN establécense cando crea unha
conexión de datos mediante un punto de acceso á
Internet WLAN. A conexión WLAN activa finaliza cando
finaliza a conexión de datos.
É posible utilizar a WLAN durante as chamadas de voz
ou cando o paquete de datos está activo. Só pode estar
conectado a un dispositivo de punto de acceso WLAN
ao mesmo tempo, pero varias aplicacións poden
utilizar o mesmo punto de acceso á Internet.
Se o dispositivo está no perfil Desconectado, aínda
pode utilizar a WLAN (se está dispoñible). Recorde
cumprir con todos os requisitos de seguridade
aplicables cando estableza e utilice unha conexión
WLAN.
Suxestión: Para consultar o enderezo MAC único
que identifica o seu dispositivo, insira
*#62209526# na pantalla de inicio.