
Marcación fixa
Para restrinxir as chamadas dende o seu dispositivo
aos números de teléfono seleccionados, en Contactos,
seleccione
Opcións
>
Contactos marc. fixa
. Necesita
o código PIN2 para activar e desactivar a marcación fixa
ou editar os contactos deste tipo de marcación.
Cando o marcado fixo está activado, pode que sexa
posible chamar ó número de emerxencia oficial
programado no dispositivo.
Para ver a lista de números de marcación fixa,
seleccione
Opcións
>
Números da SIM
. Esta opción
só se amosa se a admite a tarxeta SIM.
Para engadir novos números á lista de marcación fixa,
seleccione
Opcións
>
Novo contacto da SIM
.
Se utiliza a marcación fixa, non se poden establecer
conexións de paquetes de datos, excepto cando se
envían mensaxes de texto mediante unha conexión de
paquetes de datos. Neste caso, cómpre que o número
do centro de mensaxes e o número de teléfono do
destinatario se inclúan na lista de marcación fixa.
Xestión dos grupos de
contactos