Barra de ferramentas activa
A barra de ferramentas activa só está dispoñible se
selecciona unha imaxe ou un videoclip nunha vista.
Na barra de ferramentas activa, desprácese arriba ou
abaixo ata diferentes elementos e seleccióneos
premendo a tecla de desprazamento. As opcións
dispoñibles varían dependendo da vista na que se
atopa e de se seleccionou unha imaxe ou un videoclip.
Para ocultar a barra de ferramentas, seleccione
Opcións
>
Ocultar iconas
. Para activar a barra de
ferramentas activa cando está oculta, prema a tecla de
desprazamento.
Seleccione unha das opcións seguintes:
para reproducir o videoclip seleccionado
para enviar a imaxe ou videoclip seleccionado
para cargar a imaxe ou videoclip seleccionado a un
álbum en liña compatible (só dispoñible se configurou
unha conta para un álbum en liña compatible).
Vexa "
Compartir imaxes e vídeos en liña ", p. 101.
para engadir o elemento seleccionado a un álbum
para xestionar etiquetas e outras propiedades do
elemento seleccionado
para eliminar a imaxe ou videoclip seleccionado