Compartir imaxes e vídeos en
liña
Pode compartir imaxes e videoclips en álbums en liña
compatibles, weblogs ou outros servizos compatibles
para compartir en liña dispoñibles na web. Pode cargar
contido, gardar mensaxes inacabadas como esbozos e
continuar máis tarde, e ver o contido dos álbums. Os
tipos de contido admitido poden variar dependendo
do fornecedor de servizos.
Para compartir imaxes e vídeos en liña, cómpre dispor
dunha conta cun servizo para compartir imaxes en liña.
Normalmente, pódese subscribir a un destes servizos
na páxina web do seu fornecedor de servizos. Póñase
en contacto so seu fornecedor de servizos para obter
máis información.
O uso deste servizo pode implicar a transmisión de
grandes cantidades de datos a través da rede do seu
fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos para obter información acerca
das tarifas de transmisión de datos.
O método de conexión recomendado é WLAN.
Para cargar un ficheiro de Fotos no servizo en liña,
prema
e seleccione
Fotos
. Seleccione un álbum,
desprácese ata o ficheiro desexado e seleccione
Opcións
>
Enviar
>
Cargar web
, ou seleccione o
ficheiro e na barra de ferramentas activa.
Para obter máis información acerca da aplicación e dos
fornecedores de servizo compatibles, consulte as
páxinas de asistencia técnica de Nokia ou o seu sitio
web local de Nokia.
101
Fo
to
s