Impresión de imaxes
Para imprimir imaxes coa función Impresión imaxes,
seleccione a imaxe que desexe imprimir e a opción de
impresión en Fotos, na cámara, no editor de imaxes ou
no visor de imaxes.
Utilice a función Impresión imaxes para imprimir as
imaxes mediante un cable de datos USB compatible ou
a conectividade Bluetooth. Tamén pode imprimir
imaxes por medio da LAN sen fíos. Se se insire unha
tarxeta de memoria compatible, pode gardar nela as
imaxes e imprimilas por medio dunha impresora
compatible.
Só se poden imprimir imaxes co formato .jpeg. As
imaxes capturadas coa cámara gárdanse
automaticamente co formato .jpeg.