Impresión en liña
Coa función de impresión en liña, é posible solicitar a
impresión de imaxes en liña directamente á súa casa
ou a un establecemento de impresión. Tamén é posible
solicitar produtos diferentes coa imaxe seleccionada,
como xerras ou alfombras para ratos. Os produtos
dispoñibles varían en función do fornecedor de
servizos.
Se desexa obter máis información sobre a aplicación,
consulte as guías dispoñibles nas páxinas de asistencia
técnica do produto Nokia ou no sitio web local de
Nokia.