Vehículos
Os sinais de radiofrecuencia poden afectar aos
sistemas electrónicos incorrectamente instalados ou
protexidos dos vehículos, por exemplo, os sistemas de
inxección de combustible, os sistemas de ABS, os
sistemas de control de velocidade electrónicos e os
sistemas de airbag. Para obter máis información,
póñase en contacto co fabricante, ou un representante
deste, do vehículo ou dos equipos instalados no
mesmo.
O dispositivo só deberá ser reparado ou instalado nun
vehículo por parte de persoal cualificado. Unha
instalación ou reparación defectuosa pode resultar
perigosa e pode invalidar a garantía do dispositivo.
Comprobe regularmente que todos os dispositivos sen
fíos do vehículo funcionen e estean montados
correctamente. Non almacene nin transporte líquidos
inflamables, gases ou materiais explosivos no mesmo
compartimento que o dispositivo, os seus
compoñentes ou accesorios. Nos vehículos equipados
con airbag, recorde que estes despréganse con gran
forza. Non coloque obxectos, incluídos os equipos sen
fíos instalados ou portátiles, sobre o airbag ou na zona
onde se desprega o airbag. Se o equipo sen fíos do
vehículo se instala incorrectamente e o airbag se
desprega, é posible que se produzan lesións graves.
Prohíbese o uso do seu dispositivo a bordo dunha
aeronave. Apague o dispositivo antes de embarcar nun
194
Informa
ció
n adiciona
l de s
eg
uridade
voo. O uso de teledispositivos sen fíos nunha aeronave
pode resultar perigoso para o funcionamento do avión,
interferir coa rede telefónica sen fíos e pode ser ilegal.