Carga da batería
Carga normal
1.
Conecte un cargador compatible
a unha toma da parede.
2.
Conecte o cable de alimentación
ao dispositivo. Se a batería está
completamente descargada, é
posible que transcorran uns
segundos antes de que o
indicador de carga empece a
moverse.
3.
Cando a batería está
completamente cargada, o
indicador de carga deixa de
moverse. Desconecte o cargado
do dispositivo e, a continuación, da toma de parede.
Suxestión: Desconecte o cargador da toma da
parede cando non se estea a utilizar. Un cargador
conectado a unha toma de parede consume
enerxía aínda que non estea conectado ao
dispositivo.
Carga por USB
É posible utilizar a carga por USB cando non estea
dispoñible unha toma de parede. Coa carga por USB,
tamén é posible transferir datos mentres carga o
dispositivo.
1.
Conecte un cable USB compatible entre un
dispositivo USB compatible e o seu dispositivo.
En función do tipo de dispositivo que se empregue
para efectuar a carga, é posible que a carga tarde
uns intres en iniciarse.
2.
Ao acender o dispositivo, é posible seleccionar unha
das opcións do modo USB na pantalla do
dispositivo.