Nokia N85 - Servizos adicionais de Mapas

background image

Servizos adicionais de Mapas

Pode adquirir unha licenza e descargar no dispositivo

diferentes tipos de guías, como guías de cidades e de

viaxes para distintas cidades. Tamén pode mercar

unha licenza para un servizo de navegación Conducir

& Camiñar detallada con orientacións por voz e un

servizo de información de tráfico para empregalo en

Mapas. As licenzas de navegación son específicas das

rexións (das rexións seleccionadas no momento da

compra da licenza), e só se poden empregar na zona

seleccionada. As guías que se descargan gárdanse

automaticamente no dispositivo.
As licenzas mercadas para unha guía ou navegación

pódense transferir a outro dispositivo, pero a mesma

licenza só pode estar activa nun dispositivo á vez.
Para ver e actualizar as súas licenzas, seleccione

Opcións

>

Extras

>

Licenzas

.

O tráfico, a información de guía e os servizos

relacionados están desenvolvidos por terceiras partes

independentes de Nokia. A información pode ser

incorrecta e incompleta en maior ou menor grao e está

suxeita á dispoñibilidade. Non dependa nunca só da

mencionada información e dos servizos relacionados.
A descarga e uso de servizos extra pode implicar a

transmisión de grandes cantidades de datos a través

da rede do seu fornecedor de servizos. Póñase en

contacto co seu fornecedor de servizos para obter

información acerca das tarifas de transmisión de datos.