Reproducir e administrar
xogos
Para reproducir e administrar os xogos descargados e
instalados no seu dispositivo, seleccione
My Games
. Os
xogos ordénanse segundo a data da última vez que se
empregaron, co máis recente primeiro.
Existen cinco posibles tipos de xogos en Os meus
xogos:
●
Xogos completos — Estes son xogos mercados
cunha licenza completa. É posible que existan varios
tipos de licenzas dispoñibles, dependendo do xogo
e da súa rexión.
●
Xogos de proba — Estes son ficheiros de xogos
completos aos que se ten acceso só durante un
tempo limitado ou que teñen un contido limitado.
Cando o tempo de proba caduca, cómpre mercar
unha licenza para desbloquear o xogo completo e
continuar xogando. Estes xogos están marcados cun
banner de proba.
●
Xogos demo — Estas son seccións máis pequenas do
xogo con tan só unha serie moi limitada de funcións
e niveis. Estes xogos están marcados cun banner de
demo.
●
Completamente caducado — Este son xogos
mercados cunha licenza limitada, que agora
caducou. Estes xogos están marcados cun reloxo e
cunha frecha.
●
Non dispoñible — Estes son xogos completos que
eliminou ou que descargou pero a instalación non
se completou. Estes xogos amósanse como non
dispoñibles na lista de xogos. Ademais, os xogos
instalados na tarxeta de memoria amósanse como
non dispoñibles cando se extrae a tarxeta de
memoria.
Se se descargou un extra dun xogo pero non se instalou
completamente, o gráfico respectivo do xogo
tampouco estará dispoñible e non se poderá xogar co
mesmo ata que se instale o extra do xogo.
115
N-Gage