Nokia N85 - Verbo de N-Gage

background image

Verbo de N-Gage

N-Gage é unha plataforma de xogos móbiles dispoñible

para unha gran gama de teléfonos móbiles Nokia

compatibles. Tamén pode acceder aos xogos de N-

Gage, aos xogadores e ao contido por medio da

aplicación de N-Gage no seu dispositivo. Tamén pode

descargar xogos e acceder a algunhas funcións no seu

ordenador a través da páxina web www.n-gage.com.
Con N-Gage, pode descargar e mercar xogos e xogar a

eles vostede só ou con amigos. Pode descargar os

xogos de mostra para probar xogos novos e mercar os

que lle gusten. N-Gage tamén permite manterse en

contacto con outros xogadores e de seguir e compartir

os resultados e outros logros acadados no xogo.
Para usar N-Gage, necesita unha conexión GPRS ou 3G.

Tamén pode utilizar unha rede WLAN se estivera

dispoñible. Tamén necesita a conexión para acceder ás

funcións en liña como a descarga de xogos, licenzas de

xogos, xogos de multixogadores ou chat. Tamén

necesita a conexión para participar en xogos en liña ou

de multixogadores ou para enviar mensaxes a outros

xogadores.
Tódolos servizos de N-Gage, onde se require a conexión

aos servidores de N-Gage, como a descarga de ficheiros

de xogos, a compra de xogos, os xogos en liña, os xogos

de multixogadores, a creación dun nome de xogador,

o chat e a mensaxería implican a transmisión de

grandes cantidades de datos.
O seu fornecedor de servizos aplicará tarifas pola

transferencia de datos. Para obter máis información

verbo das tarifas de transmisión de datos, póñase en

contacto co seu fornecedor de servizos.