Barra de ferramentas do
navegador
A barra de ferramentas do navegador permite
seleccionar as funcións do navegador utilizadas
frecuentemente.
Para abrir a barra de ferramentas, manteña premida a
tecla de desprazamento nun espazo baleiro dunha
páxina web. Para moverse pola barra de ferramentas,
desprácese á esquerda ou á dereita. Para seleccionar
unha función, prema a tecla de desprazamento.
Na barra de ferramentas, seleccione unha das
seguintes opcións:
34
Navegador web
●
Ligazóns máis usadas
— Permite ver unha lista
dos enderezos web que visita frecuentemente.
●
Vista xeral de páxina
— Permite obter unha vista
previa da páxina web actual.
●
Buscar
— Permite buscar palabras clave dentro da
páxina actual.
●
Recargar
— Permite actualizar a páxina.
●
Subscribirse a infos web
(se está
dispoñible) — Permite ver unha lista dos feeds de
web dispoñibles na páxina web actual e subscribirse
a un feed de web.