Navegar polas páxinas
O Minimapa e a descrición xeral da páxina axúdanlle a
navegar polas páxinas web que conteñen unha gran
cantidade de información.
Se o Minimapa está activado nos axustes do navegador
e se despraza por unha páxina web grande, o Minimapa
ábrese e amosa unha descrición xeral da páxina web
pola que navega.
Para activar o Minimapa, seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Xeral
>
Minimapa
>
Activado
.
Para moverse dentro do Minimapa, desprácese á
esquerda, á dereita, arriba ou abaixo. Cando atope a
ubicación desexada, deteña o desprazamento. O
Minimapa desaparece e vostede queda na situación
seleccionada.
Durante a navegación por unha páxina web que contén
unha gran cantidade de información, tamén pode
utilizar
Vista xeral de páxina
para ver o tipo de
información que contén a páxina.
Para amosar a descrición xeral da páxina actual, prema
8. Para atopar o punto desexado da páxina, desprácese
arriba, abaixo, á esquerda ou á dereita. Prema 8 de
novo para ampliar a imaxe e visualizar a parte da
páxina que desexe.