
Widgets
Este dispositivo admite widgets. Os widgets son
aplicacións web pequenas que se poden descargar e
que fornecen ó seu dispositivo material multimedia,
feeds novos e outra información, como informes
metereolóxicos. Os widgets instalados amósanse
como aplicacións individuais no cartafol
Aplicacións
.
Pode descargar widgets utilizando a aplicación
Descargar ou da web.
O punto de acceso predeterminado para os widgets é
o mesmo que o do navegador web. Cando se executan
en segundo plano, algúns widgets poden actualizar
información automaticamente no dispositivo.
O uso de widgets pode implicar a transmisión de
grandes cantidades de datos a través da rede do seu
fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos para obter información acerca
das tarifas de transmisión de datos.