Auriculares
É posible conectar uns auriculares compatibles ó
dispositivo. Pode que necesite seleccionar o modo de
cable.
29
O dis
pos
itivo
Aviso: Cando utilice os
auriculares, é posible que a súa
capacidade para escoitar sons do
exterior se vexa afectada. Non
utilice os auriculares en
situacións nas que se poida poñer
en risco a súa seguridade.
Algúns auriculares divídense en
dúas partes: unha unidade de
control remoto e os cascos. Unha
unidade de control remoto posúe
un micrófono e teclas para
responder ou finalizar unha
chamada telefónica, axustar o
volume e reproducir ficheiros de
música ou vídeo. Para utilizar os
auriculares cunha unidade de
control remoto, conecte a
unidade ó conector AV de Nokia
(3,5 mm) do teléfono e, a
continuación, conecte os
auriculares á unidade.
Para realizar chamadas de
teléfono co mans libres, utilice auriculares cunha
unidade de control remoto compatible ou utilice o
micrófono do dispositivo.
Para axustar o volume durante unha chamada, utilice
a tecla de volume situada no dispositivo ou, se estivera
dispoñible, no auricular. Algúns auriculares teñen
controis de volume multimedia que se utilizan só para
axustar o volume para a reprodución de música ou de
vídeos.
Tamén pode conectar un cable de saída de televisión
compatible ó conector AV de Nokia (3.5 mm.) do
dispositivo.
Non conecte produtos que poidan emitir sinais de
saída, xa que poderían producirse danos no
dispositivo. Non conecte ningunha fonte de tensión ó
conector AV de Nokia.
Cando conecte un dispositivo externo ou uns
auriculares distintos dos autorizados por Nokia para
utilizalos con este dispositivo ó conector AV de Nokia,
preste atención especial ó nivel do volume.