Axustes
Para configurar a función de compartir vídeo, necesita
os axustes da conexión de persoa con persoa e de
UMTS.
Axustes de conexión de persoa con persoa
As conexións de persoa con persoa coñécense tamén
co nome de conexión de Protocolo de Iniciación de
Sesión (SIP). Cómpre configurar os axustes do perfil SIP
no dispositivo para poder utilizar a función de
compartir vídeo. Solicite ó seu fornecedor de servizos
os axustes do perfil SIP e gárdeos no seu dispositivo. O
seu fornecedor de servizos pode enviarlle os axustes
ou proporcionarlle unha lista dos parámetros
necesarios.
Para engadir un enderezo SIP a unha tarxeta de
contacto:
1.
Prema
e seleccione
Contactos
.
2.
Abra a tarxeta de contacto (ou inicie unha tarxeta
nova para esa persoa).
3.
Seleccione
Opcións
>
Engadir detalle
>
Compartir vídeo
.
139
Realizar chamadas
4.
Insira o enderezo SIP co formato
nomedeusuario@nomededominio (pode utilizar
un enderezo IP en lugar dun nome de dominio).
Se non coñece o enderezo SIP do contacto, pode
utilizar o número de teléfono do destinatario,
incluído o código de país, para compartir vídeo (se
o fornecedor de servizos de rede o admite).
Axustes de conexión UMTS
Para configurar a súa conexión UMTS:
●
Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos
para establecer un acordo para que utilice a rede
UMTS.
●
Asegúrese de que os axustes de conexión do punto
de acceso UMTS do dispositivo están configurados
correctamente.