Requisitos de compartir vídeo
A opción de compartir vídeo require a utilización
dunha conexión UMTS. Para obter máis información
sobre o servizo, a dispoñibilidade da rede UMTS e as
tarifas asociadas co uso deste servizo, póñase en
contacto co fornecedor do servizo.
Para utilizar a función de compartir vídeo cómpre facer
o seguinte:
●
Asegúrese de que o dispositivo estea configurado
para establecer conexións persoa con persoa.
●
Asegúrese de dispoñer dunha conexión UMTS activa
e de que se atopa dentro da zona de cobertura de
rede UMTS. Se se desplaza fóra da zona de cobertura
da rede UMTS durante unha sesión de compartir
vídeo, o uso compartido finalizará mentres continúa
a súa chamada de voz.
●
Asegúrese de que tanto o remitente como o
destinatario se atopan rexistrados na rede UMTS. Se
convida a alguén a unha sesión para compartir
contidos e o dispositivo do destinatario non se
atopa dentro da zona de cobertura de rede UMTS,
non dispón da función para compartir vídeo
instalada ou non configurou as conexións persoa
con persoa, o destinatario non recibirá as
invitacións. Nese caso, recibirá unha mensaxe de
erro que lle indicará que o destinatario non pode
aceptar a invitación.