Realizar unha videochamada
Cando faga unha videochamada (servizo de rede),
pode verse un vídeo a tempo real a dúas bandas entre
vostede e o destinatario da chamada. A imaxe do vídeo
en directo ou a imaxe do vídeo capturada pola cámara
do seu dispositivo amósase ó destinatario da
videochamada.
Para ser quen de facer unha videochamada, cómpre ter
unha tarxeta USIM e estar nunha zona de cobertura
dunha rede UMTS. Para obter información acerca da
dispoñibilidade e da subscrición ós servizos de
videochamada, póñase en contacto co seu fornecedor
de servizos de rede.
As videochamadas só se poden facer entre dúas partes.
As videochamadas poden realizarse a un dispositivo
móbil compatible ou a un cliente RDSI. As
videochamadas non se poden facer mentres estea
activa outra chamada de voz, vídeo ou datos.
Iconas
Non está a recibir un vídeo (o destinatario non está
a enviar un vídeo ou a rede non o está a transmitir).
Denegóuselle enviar un vídeo dende o seu
dispositivo. Para enviar unha imaxe fixa, seleccione
Ferramentas
>
Axustes
>
Teléfono
>
Chamadas
>
Imaxe en videochamada
.
Mesmo se se lle denegou o envío do vídeo durante
unha videochamada, a chamada cobrarase como unha
videochamada. Consulte as tarifas ó seu fornecedor de
servizos.
1.
Para iniciar unha videochamada, insira o número
de teléfono no modo en espera ou seleccione
Contactos
e un contacto.
2.
Seleccione
Opcións
>
Chamar
>
Videochamada
.
A cámara secundaria situada na parte dianteira
utilízase por defecto para as videochamadas. Iniciar
unha videochamada pode tardar uns intres.
Amósase
Agardando imaxe de vídeo
. Se a
chamada non se pode realizar (por exemplo, a rede
non admite as videochamadas ou o dispositivo de
recepción non é compatible), preguntaráselle se
desexa intentar realizar unha chamada normal ou
enviar unha mensaxe de texto ou multimedia.
A videochamada estará activa cando vexa dúas
imaxes de vídeo e escoite o son a través do
altofalante. O destinatario da chamada pode
rexeitar o envío dun vídeo ( ), entón só escoitará
o son e quizais vexa unha imaxe inmóbil ou un
gráfico de fondo gris.
3.
Para finalizar unha videochamada, prema a tecla
fin.
137
Realizar chamadas