Seguridade
Lea estas instrucións simples. Non respectalas pode
resultar perigoso ou ilegal. Lea a guía de usuario
completa para obter máis información.
ACENDIDO SEGURO
Non acenda o dispositivo en zonas onde o uso
de teléfonos inalámbricos estea prohibido ou
cando poida provocar interferencias ou resulte
perigoso.
INTERFERENCIAS
Tódolos dispositivos inalámbricos son
susceptibles de recibir interferencias, o que
pode afectar ó seu rendemento.
DESCONEXIÓN NAS ÁREAS RESTRINXIDAS
Respecte as restricións. Apague o dispositivo
nos avións, preto de equipos médicos,
combustibles, produtos químicos ou zonas
volátis.
A SEGURIDADE NA CONDUCIÓN É O PRIMEIRO
Respecte a lexislación local. Manteña sempre as
mans libres para controlar o vehículo durante a
condución. A súa principal prioridade durante a
condución deberá ser a seguridade vial.
SERVIZO CUALIFICADO
O produto só poderá ser instalado ou reparado
por persoal cualificado.
ACCESORIOS E BATERÍAS
Utilice únicamente accesorios e baterías
autorizados. Non conecte produtos non
compatibles.
RESISTENCIA Á AUGA
O dispositivo non é resistente á auga. Mantéñao
seco.