Servizos de rede
Para utilizar o teléfono, cómpre dispoñer dos servizos dun
fornecedor de servizos inalámbricos. Moitas das funcións
do produto requiren dispoñer de funcións especiais de
rede. Estas funcións non se atopan dispoñibles en tódalas
redes; é posible que para poder utilizar os servizos de rede
noutras redes sexa necesario establecer acordos
específicos co seu fornecedor de servizos. Este pode
facilitarlle instrucións e explicarlle os importes que lle
serán cargados polo servizo. É posible que algunhas redes
teñan limitacións que afecten ó modo en que pode utilizar
os servizos de rede. Por exemplo, é posible que algunhas
redes non admitan tódolos caracteres e servizos
dependentes dos idiomas.
9
Se
gu
ridade
É posible que o seu fornecedor de servizos ordenase a
desactivación ou non activación de determinadas funcións
no dispositivo. En tal caso, as mencionadas funcións non
aparecerán no menú do dispositivo. Tamén é posible que
o dispositivo dispoña dunha configuración especial, como
cambios nos nomes ou na orde dos menús, ou nas iconas.
Póñase en contacto so seu fornecedor de servizos para
obter máis información.
O dispositivo é compatible cos protocolos WAP 2.0 (HTTP
e SSL) que se executan nos protocolos TCP/IP. Algunhas
funcións deste dispositivo, como MMS, navegación web e
correo electrónico requiren soporte da red para estas
tecnoloxías.
10
Se
gu
ridade